“Un tópico de Oscar a ritmo de country”

Comeza a conta atrás para a 78 edición dos Oscar de Hollywood e a película que lidera as nominacións é "Brokeback Mountain", do taiwanés Ang Lee. Nada máis e nada menos que oito posibles estatuas douradas en oito categorías: mellor director, mellor actor (Heath Ledger), mellor actor secundario (Jake Gyllengaal) e mellor actriz secundaria (Michelle Williams). Pero isto non é todo, tamén ganou seis Globos de Oro.
Con referencias como estas, un vai ao cine con todas as expectativas de ver o peliculón, pero non sería o primeiro caso no que te levas un chasco.
Certo é que non estamos acostumados a que a parella estelar das longametraxes sexan do mesmo sexo e iso precisamente é o que explota a película revelación do ano para os norteamericanos.
Fraco favor faille Ang Lee aos que consideramos que as relacións homosexuais deberían ir formando parte xa da normalidade, sen facer delas reclamos cinematográficos o musicais ao máis puro estilo “Tatoo” (lembrarán a aquelas dous colexialas aparentemente lesbianas que aproveitaron esta condición sexual para chamar a atención en Eurovisión).
Brokeback Mountain, ao longo dos 134 minutos de duración, cabalga con lentitude polos sesenta para amosar os perores prexuícios cara a homosexualidade que están máis que vixentes no presente. Chega a todos os extremos ata o desenlace co que busca a sacudida final do espectador. Aí temos o clímax dunha acción que non sorprende no seu fio argumental: dous homes duros e por suposto “sexys” viven o seu amor en segredo mentres a súa vida políticamente correcta segue o seu curso.
A trama é sinxela polo que o distintivo de calidade podería estar ne seu enfoque e como a encarnan os perxonaxes. Pero aquí volven os tópicos aos que ademais nada acompaña a dobraxe.
Sinto que a Académia de cine norteamericana deixe sen premio aos marabillosos paraxes naturais que consegue a única categoría de Brokeback Mountain á que lle daría un óscar: a fotografía

Aunque igual que el segundo disco en solitario de Najwa Nimri y distintos movimientos de movilización social que airean"may day" en grandes pancartas, sólo estás en un pequeño espacio desde el que lanzar señales de alerta dentro del mar de desafíos que nos acechan y que en ocasiones disimulamos.
indignaciones dijo
Yo no creo que existan tantos prejuicios en la película, ni creo que el planteamiento inicial del tema sea tan malo. El problema, desde mi punto de vista, es que la película está muy mal desarrollada. Como dices, yo también le daría únicamente el Oscar a la fotografía. Bueno, y me pensaría el de la actriz secundaria.
¡Un saludo!
8 Febrero 2006 | 03:04 AM